Balteira I: Manseliña "O que veer quiser"

Описание к видео Balteira I: Manseliña "O que veer quiser"

"O que veer quiser". Cantiga de escarnio adicada a María Balteira, personaxe rompedora que me fascina pola súa insistente presenza ao redor do séquito de, non un, senon dous reis (Fernando III o Santo e Alfonso X o Sabio), participando nos seráns, como suxire esta cantiga, e noutras moitas actividades totalmente impropias dunha dama, polas que é vilipendiada polos seus compañeiros xograres nunha ducia de cantigas.
Ningunha delas conserva a música. Comezo, pois, unha serie de contrafactas ou cantigas de seguir, pedíndolle prestadas melodías a cantigas de Santa María, de trobadores franceses e de cantigas tradicionais galegas e portuguesas.

João Vasques de Talaveira

O que veer quiser, ai cavaleiro,
Maria Pérez, leve algum dinheiro,
senom nom poderá i adubar prol.

Quen'a veer quiser ao serão,
Maria Pérez, lev'alg'em sa mão,
senom nom poderá i adubar prol.

Tod'home que a ir queira veer suso,
Maria Pérez, lev'algo de juso,
senom nom poderá i adubar prol.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке