Teu nome por mar e terra

Описание к видео Teu nome por mar e terra

Vivimos nunha terra inzada de encrucilladas,
cuadrivios ou "catrocamiños",
eses puntos de incerteza e de casualidade
(ás veces, as cancións tamén transitan esas dúbidas
antes de mutar á forma na que as coñecemos),
mais é tamén verdade que hai encontros inevitables,
coma os das augas dos regatos que se confunden nos ríos
ao chegar á baixa dos vales.
Somos urdime dun cesto que garda músicas compartidas dende hai tempo.
Guille e Guadi, Xabier e Xosé Lois; Guille e Xosé Lois, Guadi e Xabier.
Foron tantas as partillas que decidimos ordenar
esta nosa multiplicidade
e converter esas duplas e triplas encarnacións en cuarteto,
á forma tradicional: Os Beatles, Os Gaiteiros de Soutelo...
Guillerme Fernández, Guadi Galego,
Xabier Díaz e Xosé Lois Romero
ou como os viaxeiros ás veces tropezan na encrucillada
iso si, recoñecendo que saímos en tempo e velocidade axeitados para
nos accidentar neste encontro.
Imos sentar e facer unhas cancións antes de continuar camiño!

Teu nome por mar e terra

Música: Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Xosé Lois Romero.
Letra: Carlos Rivero Troncoso.

Quero cravar o teu nome
cunha navalla de lúa
nos outos muros da noite.

Nun pano cor de limón
pon o teu nome e no mar
ízao no mastro maior.

Vou escribilo na area
có tinteiro de alborada
pra que o vexan as sereas.

Se o teu nome naufragase
ían saber a vainilla
as augas dos sete mares.

Con branco fío de seda
vouno bordar na bandeira
dunha nao que sae pra Cuba.

Pra Cuba non meu amor
quero que vaia o meu nome
prá illa de Curaçao.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке