MJ Pérez: "Estou valorando sacar o novo disco e retirarme do circuíto galego"

Описание к видео MJ Pérez: "Estou valorando sacar o novo disco e retirarme do circuíto galego"

A música e Galiza e Portugal fusiónanse na cantautora de Arzúa, ‪@MJPerez‬. Ela é unha das voces que conforman o actual panorama da música galega sumando catro álbums e centos de concertos en ambas beiras do río Miño. Agora, no 2024, celebra os máis de 10 anos en activo na música mais cun interrogante de peso sobre o futuro. É posíbel que unha cantautora coma ela poida sobrevivir nos escenarios do circuíto cultural galego?

Entramos no ‪@garaxeland‬, en Compostela, para falar con MJ Pérez destes dez anos de carreira e de todas as incertezas que atopa no porvir.
#MJPérez #RostrosdoPaís #Galiza #Portugal #Cantautora #Música #MúsicaGalega

Комментарии

Информация по комментариям в разработке