Roteiros Galegos 2023 - 31 decembro 2023 - Roteiros Galegos

Описание к видео Roteiros Galegos 2023 - 31 decembro 2023 - Roteiros Galegos

@Roteirosgalegos
Descrición ➡️ https://roteiros.gal/roteiros-galegos...
Como xa ven sendo costume, nestas datas é o momento para botar a vista atrás, para percorrer coas imaxes o camiño andado desde xaneiro ata hoxe. Un camiño marabilloso e ilusionante que en Roteiros Galegos completamos de vagar.
Este 2023 foi un constante ir e vir de andainas por toda Galicia. Tivemos rutas ben bonitas como as primeiras do ano pola provincia de Ourense, a da Costa de Xove ou a de Rebordechán, no concello de Crecente, por sinalar unhas poucas en Galicia.
Pero tamén saimos de viaxe: ás Merindades, en Burgos, onde coñecemos Puentedey ou o Monumento Natural de Ojo Guareña; a lonxana Serra de Cazorla, en Xaén, da que quedamos marabillados, ou a estadía de verán na Montaña leonesa, con base en Llánaves de la Reina, ou a máis cercana Villablino, sempre sorprendente, coas marabillosas andainas ata a Braña de Buenverde, ou a subida ao Cueto Nidio, foron lugares que non nos deixaron indiferentes.
Grazas por acompañarnos durante todo este ano e desexámosvos un feliz Aninovo. Vémonos no 2024!
Saúde e terra!

Комментарии

Информация по комментариям в разработке