Navegando no Beagle - Darwin - Museo do Mar de Galicia.m4v

Описание к видео Navegando no Beagle - Darwin - Museo do Mar de Galicia.m4v

O Museo do Mar de Galicia presenta a exposición Navegando no Beagle Darwin, que comenzará o vindeiro martes, 24 de novembro, ás 11.00h. Esta nova mostra, de producción propia, conmemora o 150º aniversario da publicación do libro "Sobre a orixe das especies por medio da selección natural, ou a preservación das razas preferidas na loita pola vida", escrito por Charles Darwin, e trátase, pola súa dimensión, dun dos proxectos máis importantes en toda a historia do Museo.

Entre outros moitos atractivos, inclúe unha réplica de nove metros de eslora do Beagle, o barco no que Charles Darwin deu a volta o mundo e no que escribiu gran parte do seu famoso libro. Esta reproducción, que contextualiza dunha maneira única toda a exposición, axudará a todos os visitantes a comprender cómo se desenvolveu toda a expedición deste científico e pensador único.

Edición: Atlántica Comunicación
Música: Portrait - Need Some More

Комментарии

Информация по комментариям в разработке