"Ortiga & Grande Amore presentan: Los Rastreadores"

Описание к видео "Ortiga & Grande Amore presentan: Los Rastreadores"

Poucos grupos teñen menos que ver entre si, no apartado musical, que Ortiga e Grande Amore. E poucos grupos comparten entre si unha visión tan estreita das cousas que lles gustan da música como Ortiga e Grande Amore. É algo difícil de explicar, pero, cando pasa, nótase perfectamente. E en "Los Rastreadores" nótase, porque "Los Rastreadores" é froito da unión dun tipo de Fontiñas que flipa con MC Pikachu e Estopa, e outro de Frexulfe que está sempre con Suicide e Extremoduro metidos na cabeza: é todo o pop e todo o punk que podería ser. Nos seus seis cortes, "Los Rastreadores" ten elementos de techno, de rumba, de ritmos latinos, de rap... porque para iso está feito, para que recolla todos os elementos que a nós nos encanta atopar na música que nos transmite algo. O normal sería que a música que un fai fose sempre así, pero non. De feito, case nunca o é. Por iso a nós nos apaixoa tanto este EP, porque ningún de nós podería facelo por separado, e porque o máis normal sería que un proxecto coma este nunca chegase a existir, como a maioría de cousas que nos gustan moito.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке