Proxecto Palcos. Cultura material e festa na paisaxe rururbana galega

Описание к видео Proxecto Palcos. Cultura material e festa na paisaxe rururbana galega

PALCOS é un proxecto de investigación que pretende mapear, catalogar e documentar os palcos de música repartidos polo territorio galego. Buscamos palcos vivos, reapropiados, fósiles ou lembrados. Buscamos aqueles palcos modestos de bloques, ladrillos ou formigón, rebocados ou sen rebocar, con ou sen ornamentación, en bo ou mal estado. Tamén queremos recoller as historias, memorias e relatos que circulan ao seu redor. Podes colaborar en www.palcos.gal
Redes sociais do proxecto: Web (palcos.gal); Instagram (@palc_o_s); Facebook (ProxectoPalcos). Proxecto do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC) financiado por Axencia Galega de Innovación (GAIN). Coa colaboración de Rexenerando S. Coop. Galega.

Licencia de uso: CC BY-NC-SA 4.0 (Atribución/Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional)

Realización e edición de vídeo: Rubén Vuelta-Santín; Produción: INCIPIT-CSIC; Música: Time to Spare - An Jone (YouTube Audio Library)

Ver en Digital.CSIC: http://hdl.handle.net/10261/344722

Комментарии

Информация по комментариям в разработке