Alalá nº 186 "Pandereteiras de Arcos de Mazaricos"- TVG

Описание к видео Alalá nº 186 "Pandereteiras de Arcos de Mazaricos"- TVG

Alalá nº 186 "Pandereteiras de Arcos de Mazaricos"
Data de emisión en Televisión de Galicia: 6 de Xullo do 2010
NOVA CANLE DE ALALÁ NA WEB DE CRTVG: http://alala.crtvg.es

As pandereteiras da parroquia de Arcos, en Mazaricos, conservan un xeito de tocar e cantar moi delas, que apenas variou no tempo. Porque un instrumento tan sinxelo como parece a pandeireta pode soar de moitas maneiras diferentes. Case tantas como mans a toquen. E o xeito que lle dan os tocadores varía moito segundo a zona na que vivan. En Arcos teñen unha riqueza musical tan grande, que dentro da mesma parroquia cada aldea conserva unha maneira distinta de repenicar. Por iso os expertos consideran este recuncho da nosa xeografía, na aba do monte Pindo, un verdadeiro cofre do tesouro da nosa tradición musical.

Cando hai uns anos decidiron xuntarse de novo para tocar recurriron ás maiores da parroquia para que as guiasen. E entre Benjamina e as irmás do Cantariño, Dominga e Manuela, que andan polos noventa anos, aprendéronlles ós demais cantareas e xeitos de interpretar que non se atopan noutros lugares. Agora están encantados de reunirse cada semana para ensaiar. Porque ademais de manter vivas as súas tradicicións, divírtense moitísimo. Igual que o facían hai anos nas fiadas, nas fouleadas, no entroido, nas regueifas e nos aguinaldos de Reis e Nadal. Porque entre aquela maneira de vivir e a que temos hoxe hai un fío que aínda non rompeu a pesar de tódolos cambios: a música.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке