Martiño de Dumio, o reino suevo e a cultura galega

Описание к видео Martiño de Dumio, o reino suevo e a cultura galega

Xornada
Martiño de Dumio, o reino suevo e a cultura galega
11 de abril de 2023
Martiño de Dumio foi unha figura intelectual de primeira orde nese período cambiante e aínda moi descoñecido da conformación do reino dos suevos no territorio da antiga Gallaecia romana. Ademais do seu impacto na cultura do seu tempo e de que a súa obra gozou dunha difusión extraordinaria na Europa medieval, foi recoñecido e incorporado á cultura galega contemporánea. Esta xornada ten como obxecto presentar a tradución galega do seu texto de máis difusión en Europa, editado recentemente polo Consello da Cultura Galega no libro Como levar unha vida honesta. Consellos de Martiño de Dumio a Miro, rei de Galicia. Destacados especialistas participantes no volume ofrecerán tamén unha visión de conxunto sobre o tempo, a política e a cultura na época de Martiño de Dumio e o encontro da cultura galega moderna coa súa figura.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке