A Fouteza non é tan verde como a pintan

Описание к видео A Fouteza non é tan verde como a pintan

Os campos de fútbol de herba natural de A Fouteza requiren moitos coidados e para o seu mantemento, ademáis dun gran consumo de auga para rego, tamén utilizan grandes cantidades de pesticidas ou plaguicidas e de fertilizantes.

Cando se produce un intenso rego ou chuvia, aínda que se canalicen as escorrentías, estas rebosan a cuba de recollida e toda a auga residual desborda e verte ao monte a través dun emisario.

Este vertido non é inocuo. Non pode ser considerado como simples pluviais. A auga residual vertida arrastra lixiviados dos compostos químicos dos plaguicidas e materia fecal dos abonos orgánicos.

Na analítica do vertido procedente da cidade deportiva do Celta, ademáis dunha gran carga fecal, atopouse tamén a presenza de mais de 20 compostos químicos.

Agora que sabemos a verdade, imos permitir que sigan envelenando o noso monte?

Комментарии

Информация по комментариям в разработке