Maneo de Callón, A Laracha – Davide Salvado, Fransy González e as Pandereteiras de Callón.

Описание к видео Maneo de Callón, A Laracha – Davide Salvado, Fransy González e as Pandereteiras de Callón.

Centro Comunitario de Caión – 12 Novembro de 2021.

DAVIDE SALVADO.
Nado en Marín en 1981.
Ten formación autodidacta, percorrendo a xeografía galega para recoller a música tradicional. No 2004 comezou a formar parte do grupo Ecléctica Ensemble, xunto a Ugia Pedreira, Ramon Pinheiro e Richard Rivera. Pouco despois, uniuse como cantante e percusionista á banda de Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. É cantante na Banda das Crechas.
Recibiu o premio Martín Códax na categoría de música tradicional galega en 2014 e 2017.
   • Davide Salvado: Maneo  

FRANSY GONZÁLEZ.
É unha das voces máis representativas da música tradicional galega.
Dende moi nova formou parte do grupo de pandereteiras “Xiradela”, froito do cal se creou un grupo de investigación coa finalidade de recoller cantigas tradicionais da comarca de Bergantiños. Este feito marca profundamente a traxectoria vital e profesional de Fransy, xa que accede directamente ás fontes: os informantes galegos dos anos 80. Deste xeito realiza un intenso labor de recuperación e divulgación do repertorio vocal tradicional.
   • Carlos Núñez con Pandereteiras de Xir...  
Ao longo da súa carreira, Fransy gravou e colaborou con artistas como Carlos Núñez, Dulce Pontes, Jordi Savall, Erik Marchand, Kepa Junkera ou The Chieftains, entre outros.

MANEO DE CAIÓN

Agora que veu a guerra
Leváde-los homes todos
Lévame o meu queridiño
Lévame a vista dos ollos

Ai aleló ai alelo
Ai alé lele lelelele

Ilo la alelale, alelá alelá alalela
Lelá lelá alelale, alelá alelá alalela
Ilo la alelale, alelá alelá alalela
Lelá lelá alelale, alelá alelá alalela

Heiche da-la despedida
Con rosas e caraveles
No teu carazón conozco
Que la despedida quieres

Ai alelé ai alele
Ai alé lele lelelae

Ilo la alelale, alelá alelá alalela
Lelá lelá alelale, alelá alelá alalela
Ilo la alelale, alelá alelá alalela
Lelá lelá alelale, alelá alelá alalela

Ilo la alelale, alelá alelá alalela
Lelá lelá alelale, alelá alelá alalela
Ilo la alelale, alelá alelá alalela
Lelá lelá alelale, alelá alelá alalela

Комментарии

Информация по комментариям в разработке