Alalá nº 94 "José de Gregorio"- TVG

Описание к видео Alalá nº 94 "José de Gregorio"- TVG

Alalá nº 94 "José de Gregorio"- TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 12 de xaneiro de 2009

José de Gregorio nin é galego, nin vive en Galicia. El naceu enriba dunha das liñas negras que aparecen debulladas nos mapas e a súa aldea corresponde oficialmente ó principado de Asturias. O problema é que José non se sente Asturiano, pero tampouco galego, para el ter que responder á pregunta de onde é, é como ter que contestar á pregunta de a quen lle queres máis, a teu pai ou a túa nai?

Na Lagúa a vida transcorre entre dúas forzas: as pensións veñen de Asturias, o panadeiro da Fonsagrada, a contribución págase en Ibias e se hai que ir tomar un viño, vaise á Tumbiadoira, en Galicia. Coa música ocorreu o mesmo, por iso José de Gregorio é gaiteiro formado nas festas entre galegos e asturianos que nin toca en aberto, nin en pechado e que tanto canta tonadas Asturianas como romances Galegos.

José de Gregorio ten 75 anos, sempre vivíu entre galegos e asturianos, así que hoxe despois de tanto tempo, non hai fronteira nin administración o suficientemente forte como para impedirlle a ser un dos nosos auténticos tesouros musicais.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке