AS MEMORIAS DO MAR DE BURELA

Описание к видео AS MEMORIAS DO MAR DE BURELA

As Memorias do Mar de Burela
Duración: 37’
Formato: 16:9
Idioma: Galego
Subtítulos: non
DL: LU 101-2014

A Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo crea a campaña divulgativa MAR DE LUGO co obxectivo de divulgar a actividade dos nosos pescadores e mariscadores para dar a coñecer o sector pesqueiro de Lugo, as súas tradicións, os métodos de traballo e as artes de pesca máis empregadas, así como os peixes máis característicos da zona.

O proxecto audiovisual as MEMORIAS do MAR de LUGO consiste na realización de seis documentais en formato DVD sobre os recordos e as vivenzas das xentes do mar de cada unha das seis confrarías de pescadores da provincia: Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Ciprián e O Vicedo.

Cada documental fai un percorrido pola historia e a evolución de cada un dos nosos portos, destacando aqueles aspectos máis característicos: as fábricas de salazón e conservas, as carpinterías de ribeira, o tráfico de mercadorías e cabotaxe, a evolución das infraestruturas portuarias e das embarcacións pesqueiras, os naufraxios e outras anécdotas da vida das xentes do mar.

Esta actuación encádrase dentro da campaña promocional MAR de LUGO da Federación Provincial de Confrarías co doble obxectivo de:
- divulgar a laboura diaria das confrarías de pescadores, entidades clave na organización e estrutura das comunidades mariñeiras
- exaltar a excelente calidade dos produtos do noso mar, sanos e nutritivos, variados e cunha óptima relación calidade-prezo, ademáis dunha frescura diaria tanto na pesca costeira artesanal como do marisqueo.

Damos as grazas ás persoas e entidades que participaron e colaboraron na realización deste proxecto audiovisual.

--

Edita: Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo
Produción: Arracada Produccións
Guión: Vicente R. Rivera
Imaxes: Julio López García, Marián García Mesa, David Monteagudo Lanza
Montaxe: Marián García Mesa, Julio López García
Post-produción: David Monteagudo Lanza
Deseño Gráfico: Logaidea Comunicación
Agradecementos: Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal (GAC1).
Confrarías de Pescadores de Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Ciprián e O Vicedo. Dámo-las grazas ás persoas e entidades que participaron e colaboraron na realización deste proxecto audiovisual.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке