De Bielle á Cabane d'Ibech. Vallée d'Ossau - 27 xullo 2024 - Roteiros Galegos

Описание к видео De Bielle á Cabane d'Ibech. Vallée d'Ossau - 27 xullo 2024 - Roteiros Galegos

‪@Roteirosgalegos‬
Seguimos camiñando polo Val d'Ossau e desta vez partimos da pequena e fermosa localidade de Bielle, asentada no val de Laruns. Nela podemos observar unha boa cantidade de edificios ben significativos que dan mostra da importancia desta vila ao longo dos séculos. O itinerario lévanos, xa subindo, ata a cercana localidade de Bilheres onde tamén hai mostras de edificacións interesantes.
Ao deixar Bilheres atrás imos entrando no impresionante bosque que nos acompañará durante todo o percorrido ata chegar á Cabane d'Ibech. É un bosque frondoso, sombrío, mixto, cunha enorme biodiversidade e riqueza natural. Ao chegar a Ibech veremos o fondo do val, formando un impresionante circo.
A ruta transcorre case todo o tempo por camiños amplos e cómodos, pero é un percorrido moi longo e con desnivel, máis acentuado no último treito antes de chegar a Ibech. O regreso faise polo mesmo camiño.
Lonxitude: 23,8 km
Desnivel: medio/alto
Dificultade: media

Комментарии

Информация по комментариям в разработке