Vídeo do tema Lamban do concerto de PERFUSIÓN no Repica Coruña (en marzo de 2019) na Sala Garufa de A Coruña.
-Grabación: Kaletuns ( / kaletuns )
-Música de: Perfusión
PERFUSIÓN son unha mistura única, natural e enerxética da música e o baile galego coa percusión e a danza africana.
Estas 4 mulleres e 4 homes galegos/as demostran, coa súa sorprendente proposta, que a unión de culturas a través da arte é unha ferramenta potente para promover a solidariedade e a empatía entre os pobos do mundo.
E así o levan facendo dende o ano 2011, por varios países, actuando en eventos e espazos culturais como: “Festival Boulegan a l'Ostal” (Saint Jean du Gard, Francia), Aniversario “Allatantou” (Porto, Portugal), Festival “Vibra Balboa” (Balboa, León), “Festa da Dorna” (Ribeira, Galicia), Festival “Gadélica” (Sargadelos, Galicia), “Gala Solidaria co Sáhara” (Auditorio de Rianxo, Galicia), entre outros.
MÁIS INFO:
www.facebook.com/PerfusionAfrogalega/
www.instagram.com/perfusion_afrogalega/
[email protected]
+34 622.122.898
PERFUSIÓN somos:
-Tania Veiga: dun duns, pandeireta, shekere, voz, baile tradicional galego e danza africana.
-Vane Pérez: dun duns, pandeireta, djembe, shekere, voz, baile tradicional galego e danza africana.
-Amelia García: Djembe, dun duns, pandeireta e voz.
-Sabela Monteira: frauta, balafón, djembe, dun duns e shekere.
-Javier Pérez (Lobo): djembe, voz e baile tradicional galego.
-Eloy Pérez: gaita, balafon, alboca, frautas, shekere e voz.
-Javier Nájera: krin e batería de duns.
-Roberto Pose (Garban): Batería de duns, dun dun e djembe.
Информация по комментариям в разработке