Pregón Coroación Virxe dos Remedios García Tato

Описание к видео Pregón Coroación Virxe dos Remedios García Tato

No marco da coroación canónica da Virxe dos Remedios, no primeiro día da novena que antecede á festa, o día 30 de agosto, ás 9:30 da mañá na igrexa de Santa María de A Ermida, en Quiroga, o vicario de pastoral da diocese de Lugo D. Luis Manuel Rodríguez Pérez, bendecirá as portas que se acaban de instalar no templo parroquial.
Para ese mesmo día a comunidade parroquial, invitou ao teólogo e historiador valdeorrés, D. Isidro García Tato, como pregoeiro da devandita coroación. O pregón terá lugar, ás 19:40 horas, e o lugar elixido será a igrexa parroquial.
D. Isidro García Tato en 1973 licenciouse en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca. Entre 1973 e 1976 foi bolseiro nas Universidades de Múnic e Ratisbona (Alemaña), onde foi alumno de Joseph Ratzinger. Entre 1976 e 1981 foi axudante de Cátedra na Facultade de Teoloxía da Ludwig-Maximilians-Universität de Múnic, pola que se doutorou en Teoloxía en 1981 e entre 1982 e 1986 bolseiro posdoutoral no Instituto Francisco Suárez e no Departamento de Historia Medieval do Centro de Estudos Históricos do CSIC.
Entre 1984 e 1985 foi secretario da Revista Española de Teoloxía. Durante dez semestres, comprendidos entre 1976 e 1981, impartíu dez cursos na Universidad de Munich, onde coincidiu con D. Alfonso Carrasco Rouco, actual bispo de Lugo.
En 1986 doutorouse en Filosofía pola Universidade Complutense, e nese ano foi contratado no Departamento de Historia Medieval do CSIC.
É membro do consello científico da revista Estudios Mindonienses, do consello de redacción do Instituto de Estudos Valdeorreses (do que é membro de mérito desde 1990), secretario e membro do consello de redacción de Cuadernos de Estudios Gallegos, e secretario de publicacións do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Dende 1997 ata 2017 foi científico titular do CSIC no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento do CSIC e hoxe é científico «ad honorem» de tal Instituto.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке