De Sanxenxo á praia da Lanzada - 28 setembro 2024 - Roteiros Galegos

Описание к видео De Sanxenxo á praia da Lanzada - 28 setembro 2024 - Roteiros Galegos

@Roteirosgalegos
Descrición da ruta: https://roteiros.gal/de-sanxenxo-a-pr...
Imos visitar o concello de Sanxenxo facendo unha bonita ruta polo seu litoral. O percorrido comeza en Sanxenxo, na mesma praia de Silgar, e vai todo o tempo pola costa pasando por diferentes praias, zonas urbanas e tramos de costa. Ten puntos moi fermosos e tramos de costa ben conservados cunhas vistas cara as illas Ons impresionantes, principalmente ao chegar a Punta Faxilda, xa que neste punto a distancia coas Ons é de escasos 4 quilómetros. A ruta remata ao comezo da praia da Lanzada onde tamén poderemos observar o seu interesante conxunto arqueolóxico, declarado Ben de Interese Cultural xa hai uns anos.
O percorrido é sinxelo aínda que hai que ter en conta que nos tramos menos urbanos soe haber sendeiros estreitos. Tamén camiñaremos por algunha das praias. O desnivel é máis ben escaso.
Lonxitude: 15,3 km
Desnivel: Baixo  
Dificultade: baixa-media.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке