VII Certame Internacional de Regueifas - Rap - Freestyle (Vigo, 3/8/2003)

Описание к видео VII Certame Internacional de Regueifas - Rap - Freestyle (Vigo, 3/8/2003)

Día 3 de agosto (domingo).
Hip—Hop, estilo libre (sesión de improvisación).
Lugar: Praza da Estrela.
Participantes:
De Galicia:
David “hevi” (Santiago); de Non Residentz.
Mon (Santiago).
Pinto d´Herbón (Padrón).
Paola Garota (Carnota) de As Garotas.
El Puto Coke (Vigo).
Do resto do Estado:
Satu (Sevilla); de SFDK.
O DJ sería para todos:
Dj Óscar (Pontevedra).
Comentario:
Outros dos obxectivos que ten este Certame de Regueifas e amosar outras
manifestacións máis actuais da cultura xuvenil que entoaron coa tradición Regueifeira,
como é o rap. Foi así como artellamos esta xornada dedicada o estilo libre na que
participaron rapeiros tanto galegos, coma de fora e que pese as nosas dúbidas iniciais foi
un éxito rotundo e agardamos teña continuidade e unha maior proxección no futuro.
Dende logo este día foi unha das sorpresas agradables do Certame xa que foi un gustazo
poder escoitar rimas en galego e castelán nos estilos persoais de cada un dos rimadores
sobre as magníficas bases rítmicas que lles puxo o Dj Óscar, o Dj que sustituiu a Dj Feel
e que foi unanimemente loado por tódolos participantes.
Incluso o emprazamento foi un acerto xa que na Praza se reúnen numerosos patinadores
amantes deste estilo de música que lle deron cor o recital. Foron así mesmo numerosos
os curiosos que se achegaron ata alí a ver o resultado deste experimento, pasando por alí
o longo das tres horas que durou o concerto máis de trescentas persoas.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке