Luísa Villalta: a rebelión da palabra | Capítulo 6. Eco

Описание к видео Luísa Villalta: a rebelión da palabra | Capítulo 6. Eco

O sexto episodio de 'Luísa Villalta: a rebelión da palabra' incorpora artistas de distintas disciplinas, dende o teatro e a danza á musica e a poesía, para transmitir a esencia da personalidade da protagonista do Día das Letras Galegas 2024. O capítulo que lle pon o ramo á serie fai fincapé no seu derradeiro poemario, 'Papagaio', no que a autora denuncia a explotación sexual das mulleres e a especulación urbanística.

O guión conta coa colaboración coa dramaturga e investigadora teatral Gena Baamonde (gañadora do Premio María Casares á mellor dirección por Elisa e Marcela, obra gañadora tamén do Premio Luísa Villalta para Proxectos Culturais pola Igualdade 2017) e mais a bailarina e intérprete Andrea Quintana. Esta última é a encargada, xunto coa poeta Nuria Vil, da interpretación que ten como escenario a paisaxe urbana da Coruña.

A serie documental web das Letras Galegas 2024 da RAG é unha proposta dirixida por Damián Varela Pastrana con guión de Alba López Álvarez. O relato conta cos testemuños de María Gómez e Susana Villalta, nai e irmá da homenaxeada; Rubén Anido e Manuel Pérez, alumnos de Luísa Villalta no IES Isaac Díaz Pardo de Sada; autoras e autores que a coñeceron de preto e outras amizades e persoas que estudaron ou editaron parte da súa obra: Pilar Pallarés, Marga do Val, Ana Pillado, Xurxo Souto, Xosé Luís Martínez Pereiro, Estíbaliz Espinosa, Xosé María Álvarez Cáccamo, Eva Veiga, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ana Romaní, Maribel Longueira, Francisco X. Fernández Naval, Armando Requeixo, Alexandrina Fernández Otero, Inma Otero, Pilar García Negro, Margarita Ledo, María Xosé Bravo, Susana Sanches Arins, Lorena Conde e Inés Salvado.

'Luísa Villalta, a rebelión da palabra' é unha produción da Real Academia Galega realizada por Miramemira co apoio económico da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке