A importancia de contar historias en galego na rede | Alba Mancebo | LGx15

Описание к видео A importancia de contar historias en galego na rede | Alba Mancebo | LGx15

Intervención de Alba Mancebo no LGx15 de 2019
---
Empezarei falando da sorte de que unha nena do rural amante da lingua remate traballando nunha empresa enorme que ten como un dos motivos de nacemento o galego. E logo a exposición virará cara á importancia de crear contidos en galego de todos os tipos na rede e a necesidade de darlle voz á riqueza de trazos dialectais que temos no país. Tamén quero incidir na importancia de que o galego non serve só para falar de cousas de Galicia (non só se pode falar de Rosalía de Castro en galego, tamén podes falar da cantante Rosalía) e de como a través das redes sociais se pode facer tal cousa. Tamén lle darei unha volta ao uso e presenza que ten o galego neste “novo medio de comunicación” que xa case se está convertendo no principal e as eivas coas que nos atopamos os medios galegofalantes neste mundo.
---
Chámome Son Alba Mancebo Soto e son xefa de Servizo do Departamento de Extensión Audiovisual da CRTVG.

Nacín en Vimianzo e gradueime en Xornalismo pola USC. Estiven un ano na Radio Galega como redactora-locutora. Nese tempo, tivéronme metade do tempo en informativos e a outra metade no magacine A Tarde, onde tiven a oportunidade de montar coa directora unha canle de YouTube na que contabamos como era a radio por dentro.

Entrei no departamento de Contidos Web da TVG no 2017, do que formei parte durante dous anos e no que lle demos unha volta á creación de contidos dixitais. Participo desde a miña entrada no programa A Revista, cunha sección na que falo dos contidos da rede. No 2018 creo a sección #instaGal para promover a lingua a través do Instagram da @TVGalicia, iniciativa collida con moito agarimo polos usuarios.

No verán de 2019 nace o departamento que agora dirixo, chamado Extensión Audiovisual e que tamén está relacionado co mundo dixital.
---
#LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Auditorio Constante Liste | A Ramallosa | Teo | 9 de novembro de 2019 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal

Комментарии

Информация по комментариям в разработке