Rocha Forte: desbrozar a nosa historia

Описание к видео Rocha Forte: desbrozar a nosa historia

A carón da N-550, entre Santiago e O Milladoiro, estivo o castelo máis grande de Galicia. Era do arzobispado da cidade e non durou máis de dous séculos, cando aló por 1467 os irmandiños remataron con el. Desde aquela permaneceu esquecido: aguantou cincocentos anos, mil batallas e mesmo a desfeita dun tren que o pasou por literalmente por riba.
-

En 1998 a veciñanza da Rocha “sublevouse” como fixeran os irmandiños para sacar o castelo de debaixo da herba. Os traballos comezaron no ano 2000 e tras varios paróns e novas axudas, a recuperación do espazo chega a unha nova fase para mellorar a contorna e seguir coas sondaxes.

Falamos con Carlos Delgado, presidente da Asociación Rocha Forte; Lola Cerqueiro, arqueóloga municipal; e Mercedes Rosón, actual Concelleira de Cidade Histórica.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке