Pasacalles ou Pasodobre dos Gaiteiriños da Puebla. Dositeo López e Cástor Castro. Frauta galega

Описание к видео Pasacalles ou Pasodobre dos Gaiteiriños da Puebla. Dositeo López e Cástor Castro. Frauta galega

Dositeo López de Pobra de Burón (Fonsagrada) é un dos frauteiros dos que aprendemos pezas tradicionais galegas dende a finais dos 90, interpretadas en frauta travesa de madeira.
Este tema que tocamos xuntos foi gravado en Agosto de 2023, é o Pasodobre ou Pasacalles dos Gaiteiriños da Puebla.
Paradiñas, que foi caixeiro dos Gaiteiriños, estrenouse tocando este pasacalles na Fonsagrada no ano 41, saíndo da estación de servicio. Aínda lembra as emocións encontradas da xente, a alegría pola música misturada coas bágoas polas penas e desgracias sufridas, tendo tan recente a guerra civil.
Tamén tocaban este tema os Xemelos de Arquide, un dúo de frautas de chaves moi recordado na zona.
Dositeo López foi caixeiro dos de Maderne durante 3 anos, e toca a caixa, gaita, frauta travesa e clarinete.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке