NO BICO UN CANTAR "Pousa, pousa"

Описание к видео NO BICO UN CANTAR "Pousa, pousa"

NO BICO UN CANTAR Nº 11
“POUSA, POUSA”
Programa emitido o 19/03/2013

A nova entrega do programa “No bico un cantar” descubriranos nesta edición os segredos e as curiosidades dun dos temas máis populares, festeiros e picantes da música popular galega, o “Pousa, pousa”. Este tema foi gravado por primeira vez en 1977 polo grupo A Roda. Era o primeiro disco desta agrupacion que xurdiu dun xeito espontáneo nas tabernas da zona vella de Vigo onde era habitual que se xuntasen obreiros do naval, mariñeiros, estudiantes e músicos para cantar mentres tomaban uns viños. Antón Cabaleiro, José Luis Abalde ou Luís Vaamonde, fundadores daquela primeira formación da Roda, contarannos como era o ambiente, onde recollían todas aquelas pezas populares, como foi a gravación daquel primeiro disco e o misterio mellor gardado: de onde saíu o Pousa, pousa? Tamén o escritor Méndez Ferrín, testemuña directa daquelas “jam sesións” na taberna da Viuda, relatará o ambiente daquel Vigo de finais dos 70 e como a Roda se convertiu nun referente para o folk vocal masculino, na voz do proletariado urbano que cantaba en galego. En 1977, cando a Roda gravaba temas coma o Pousa, pousa, O gato ou o Miudiño estabamos en plena transicion política e social, uns anos convulsos nos que votamos por primeira vez nunhas eleccions democráticas e un novo rei xuraba o seu cargo.

Pero ademais dunha revision histórico-social do momento, analizarase o ritmo de “Pousa, pousa” e tamén a parte máis pícara e “verde” das moitas coplas que xorden con el. Ademais, neste programa Luís Caruncho e Benito Lobariñas, improvisarán unha regueifa xogando coa melodía deste tema. Abe Rábade, Xavier Blanco, o grupo Zurrumalla, o cuarteto Egeria ou Luar na Lubre, farán a súa versión do “Pousa, pousa” E comprobaremos que na rúa, galegos de tódalas idades, séguena cantando en calquera festa, xuntanza ou foliada.

O programa recordará tamén a Fito, Adolfo Domínguez, a voz máis emblemática da Roda que faleceu hai uns meses. Os amigos recordarano nos seus momentos máis divertidos e soprendentes e volveremos a escoitar a súa voz tal e como soaba hai máis de vinte anos.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке