A BANDA DA LOBA - Tribo (Videoclip oficial)

Описание к видео A BANDA DA LOBA - Tribo (Videoclip oficial)

"TRIBO", manda, comunidade... a rede de coidados que nos sustenta no noso día a día.

Esta canción é o primeiro adianto do disco "Xabón Lagarta", inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros. O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida.

Como? Apoiándonos na nosa manda!

Aquí estou para ti.
Aquí estás para min.
Somos tribo, somos manda,
bandoleiras do país!

FICHA TÉCNICA:
Letra e música: A banda da Loba
Gravación e mastering: Arturo Vaquero (Abrigueiro Estudios)
Vídeo: Seispés Producións Creativas
Moitas grazas a Diego, Candela, Eila, Rocío, Sarai, Luís, Rosa, Lara, Paz, Elisa, Iago, Iria, Javi, Juanito e Miguel por prestarse a saír neste videoclip e por ser parte da nosa manda.

SÍGUENOS EN RRSS:
Instagram:   / abandadaloba  
Facebook:   / abandadaloba  

WEB: https://www.abandadaloba.gal

CONTRATACIÓN: [email protected]

LETRA DA CANCIÓN:

Recoller porta por porta as memorias.
Contar os éxitos, contar fracasos.
Levalos ata a beira, sorrir ás compañeiras,
cada unha ten un inventario.

Disolver remorsos, lavar as culpas.
Aclarar para sempre as vellas dúbidas.
Torcer e retorcer, os medos outra vez,
tender ao sol complexos e ataduras.

Aquí estou para ti.
Aquí estás para min.
Somos tribo, somos manda,
bandoleiras do país!

Molladas con auga e xabón,
clarean as penas ao sol.
E calan as tristuras, e soan alegrías,
entoan este himno que di:

Комментарии

Информация по комментариям в разработке