Fervenza de Férveda - 9 xuño 2021 - Roteiros Galegos

Описание к видео Fervenza de Férveda - 9 xuño 2021 - Roteiros Galegos

Descrición da ruta ➡️ https://roteiros.gal/fervenza-de-ferv...
Esta ruta encóntrase na parroquia de Escuadro en Silleda, e comeza por un camiño que está á beira do Centro de Interpretación da Natureza de Escuadro, onde hai un sinal que nos indica a dirección. É unha ruta de ida e volta, pero nós fixémola un pouco máis longa e circular, para o que nos desprazamos primeiramente ata a Penadauga, unha rocha de importancia histórica singular e, de aí, entre zonas gandeiras e carballeiras, comezamos a introducirnos nun fermoso bosque que nos leva ata a Fervenza de Férveda.
O regreso, dende a fervenza, farémolo polo camiño de volta ata o Centro de Interpretación. Os camiños son cómodos en xeral aínda que pode haber algo de lama nalgún punto e algo de vexetación.
Lugar de saída na igrexa de San Salvador de Escuadro (coordenadas: 42.689946, -8.299304)
Lonxitude: 8 km
Desnivel: medio-baixo
Dificultade: media-baixa

Комментарии

Информация по комментариям в разработке