Mares sucados - A Pedreira

Описание к видео Mares sucados - A Pedreira

🌊🌊 Tema de presentación de Segmento cantábrico 🌊🌊 o primeiro proxecto en solitario de Ugia Pedreira, que asina co seu apelido.

"Mares sucados" avanza un universo musical e poético novo, un disco de once temas mais o poemario Atalaia Norte. A Pedreira volve aos escenarios con esta nova proposta e un elegante equilibrio entre instrumentos máis orgánicos combinados coa música electrónica vintage.

***

"Un encargo do propio poeta Gavilanes, onde Pierre desembarca cun coro de cantos difónicos. A melodía está inspirada na travesía, na singradura, na navegación a vela, incita a decubrir e comunicarse por vía marítima. Todos os movementos posíbeis están ao noso alcance e cada novo provoca un cambio de pensamento, dicía M. Feldenkrais".

🌊 Mᥲɾᥱ⳽ ⳽ᥙᥴᥲᑯo⳽ 🌊

Que pontes hai na escrita
Que grafías abertas ao tenro corazón
Que naves, que mares sucados
Na folla do océano
Que distancia infinda pousa
Pomba ferida na man
Que desasosego habita
na primavera da cerdeira
Que mensaxes, pegadas
Que pouso os devanceiros
Que beizos borboriñan
Rompente de palabras novas

CRÉDITOS MÚSICA
Poema de Enrique Gavilanes.
Melodía: Ugia Pedreira.
Arranxos e gravación musical: Pierre-Yves Rougier.

CRÉDITOS VÍDEO
Idea e dirección artística: Ugia Pedreira.
Dirección, gravación e montaxe: Eloy Couceiro.

Participan: Vanina Bailone, Lilian de Campos, Cristina Castro, Sébastien Leprevost, Marina Oural, Mylène Ziegler, Jaime Burrell, Marina Villapol, Daniel Oural, Enrique Peón, Catalina Sánchez, Nimeria, Sabela Vázquez, Antía Laya, Sergio Prieto, Mónica Cofiño, Pierre-Yves Rougier e Lua Avel Rougier. Grazas/Obri!!

Комментарии

Информация по комментариям в разработке