Ruta por Belesar - 20 xaneiro 2018 - Roteiros Galegos

Описание к видео Ruta por Belesar - 20 xaneiro 2018 - Roteiros Galegos

Desta volta imos percorrer a Ribeira Sacra en pleno inverno e seguro que tampouco nos vai decepcionar. Os bosques están espidos, e os viñedos tamén, pero poderemos ver e observar paisaxes diferentes, descoñecidas…

O percorrido transcorre polo sendeiro homologado PR-G 183, chamado Ruta dos Viñedos de Belesar, pero como é moi curto (5 quilómetros escasos só de ida), nós ímolo prolongar un pouco. A ruta é liñal, e parte do traxecto de volta coincide co de ida, pero tendo en conta a beleza das paisaxes isto non é un problema, ao contrario.

A ruta comeza e remata en Belesar e pasa por lugariños como O Pousadoiro, Portotide, A Veiga e o miradoiro do Cabo de Mundo… Sempre moi pegados ao Miño. Isto permítenos gozar das vistas cara a outra beira, que pertence ao concello do Saviñao, chea de fermosos bosques e viñedos. O itinerario non te maiores dificultades, salvo a lama que poida haber e algún tramo con certo desnivel.

Lonxitude: 13 km aproximadamente
Desnivel: Medio
Dificultade: Media

Комментарии

Информация по комментариям в разработке