Reclaman a fin do comercio de armas con Israel

Описание к видео Reclaman a fin do comercio de armas con Israel

Ecoloxistas en Acción Rías Baixas e BDS Vigo despregan na porta do Sol de Vigo unha gran pancarta para esixir a fin do xenocidio en Palestina e o boicot ás empresas que colaboran con Israel.

Esta última acción, levada a cado este domingo, enmárcase nunha nova xornada de mobilización estatal na que máis de 100 localidades do Estado convocadas pola RESCOP ( Rede Solidaria contra a Ocupación de Palestina) saíron ás rúas para esixir o fin do comercio de armas con Israel e a ruptura total de relacións cun Estado que está a perpretrar un xenocidio sobre a poboación palestina de Gaza.

En Vigo, a manifestación discorreu entre Vía Norte e a Porta do Sol, onde ao seu remate se despegou unha pancarta xigante asinada por Ecoloxistas en Acción en BDS Vigo co lema "Todxs somos Palestina".

Комментарии

Информация по комментариям в разработке