CRÓNICA 10 | O papel dos Castro nos conflitos con Portugal

Описание к видео CRÓNICA 10 | O papel dos Castro nos conflitos con Portugal

Neste capítulo analizamos por que fracasaron todas as tentativas para volver a unirnos con Portugal e por que non foi aceptada como raíña Inés de Castro, recordada pola lenda como a raíña cadáver, xa que foi coroada despois de morta.

De terse chegado a producir a alianza dos Castro coa coroa portuguesa, é posible que Galicia tivera acadado un gran protagonismo no conxunto dos reinos ibéricos, e sobre todo un maior aperturismo social e comercial a través do Atlántico.

"Crónicas dunha desmemoria" é un proxecto financiado polo Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia da área de Cultura da Deputación da Coruña. Realizado por O Cable Inglés, conta coa colaboración de Edicións Xerais.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке