Game Boy - Os Vacalouras (Videoclip Oficial)

Описание к видео Game Boy - Os Vacalouras (Videoclip Oficial)

🎵 Spotify https://open.spotify.com/intl-es/arti...
🤳 Instagram   / os_vacalouras  
🐵 Facebook   / osvacalouras  

🎮 Os Vacalouras - Game Boy 🎮

Videoclip realizado por Os Vacalouras
Produción musical de Lúcas Márquez (Muki)


Unha cousa teño clara:
Eu monárquico non són.
Teño un trauma dende a infancia
que provoca esta aversión.

Aprobaba con boas notas,
non andaba con matóns,
e comía o peixe sen oposición!

Compartía o bocadillo
á hora de merendar.
Sempre que xogaba aos tazos
nunca quixen apostar.

Tiven que tomar o fúor,
recollía a habitación,
consumía “Dalsy” con moderación!

Pero todo o meu esforzo remataba en decepción!
Cando abría os agasallos dos Reis Magos no salón!

Un abrigo! Un par de calzóns!
Desgraciados! Eu quería unha Game Boy!
Calcetíns! Un pantalón!
Desgraciados! Eu quería unha Game Boy!

Aturei a catequese
pra face-la comuñón.
Se xogaba con petardos
sempre foi con precaución.

Non pedía a “PlayStation”
tampouco un ordenador.
Ben podían terme feito este favor.

O Gaspar merece a forca!
Guillotina pra Melchor!
Baltasar na sobremesa
con veleno no turrón!

Un abrigo! Un par de calzóns!
Desgraciados! Eu quería unha Game Boy!
Calcetíns! Un pantalón!
Desgraciados! Eu quería unha Game Boy!

-----------------------------------------------

Dalle liken e séguenos na nosa canle do YouTube!!

Contacto Galunk Producións - [email protected]
Contratación Galunk Producións - [email protected]

#OSVACALOURAS #GAMEBOY #REISMAGOS #ALCADIADETEIS

Комментарии

Информация по комментариям в разработке