Braña de Mumián e ascenso a Peña Gúa - 9 maio 2024 - Roteiros Galegos

Описание к видео Braña de Mumián e ascenso a Peña Gúa - 9 maio 2024 - Roteiros Galegos

@Roteirosgalegos
A nosa primeira ruta dentro do parque natural de Somiedo comeza en Llamardal, preto de El Puerto. Vai por un sendeiro homologado a media ladeira ata chegar á braña de Mumián. Aquí poderemos ver un dos elementos etnográficos máis representativos do parque natural: a Braña e as súas cabanas de teito.
Dende este punto iniciamos a subida a Peña Gúa. O cumio ten unha altura discreta, 1.679 m, pero as vistas dende el son impresionantes xa que veremos gran parte do parque natural, así como algúns dos seus cumios máis representativos e destacables, como o Cornón, xa no límite con Laciana, e o Moscoso.
Para subir a Peña Gúa dende Mumián temos que emprender un forte e empinado ascenso por unha ladeira herbosa, por onde se intúe un sendeiro que nos leva ao cumio. A baixada ata a braña é polo mesmo sitio. Logo seguimos a senda homologada que nos leva a El Coto por unha cómoda pista en forte descenso por zona de bosque.
Algún tramo, tanto do sendeiro como da ascensión, pode dar un pouco de vertixe e sensación de altura. Os camiños son en xeral cómodos, agás o ascenso ao cumio xa que o sendeiro non está tan ben definido.
A paisaxe, a etnografía, o propio cumio e o bosque polo que baixamos a El Coto, son o prato forte da ruta.
Lonxitude: 9,2 km
Desnivel: Medio. Forte nalgúns puntos e prolongado na baixada.
Dificultade: Media

Комментарии

Информация по комментариям в разработке