Teaser "Abrente, do ermo á rebeldía"

Описание к видео Teaser "Abrente, do ermo á rebeldía"

A Asociación Cultural Abrente (Ribadavia 1969-1983) ten a súa orixe na rebeldía e enfrontamento dunha parte do pobo de Ribadavia contra o traslado fulminante de tres curas "progresistas", imposto polo bispo Temiño, de Ourense.
A mocidade, orfa da presenza e orientación dos tres curas, reaxiu e canalizou a rebeldía na militancia social e cultural en beneficio do seu pobo e do conxunto de Galicia, a partir da promoción e defensa da cultura e lingua propia.
Abrente, na súa curta traxectoria asociativa, expresou unha firme convicción pola promoción do teatro en galego: 8 mostras con 108 representacións e igual número de certames de textos teatrais coa participación de 150 pezas dramáticas, amosan só unha parte do inmenso legado material e inmaterial que consagran á Asociación Cultural Abrente de Ribadavia como un referente ineludible na historia do Teatro Galego.

Testemuñas: José Luis Chao Rey, Mercedes Rodríguez García, Concha Domínguez, Isolina Rionegro Fariña, José Manuel Davila Alonso, Luisa del Carmen Escudero, Carmen Escudero Gómez, Amelia Martínez Fariña, Celsa Ferreiro Varela, Roberto Pascual, César Fernández, Maximino Queizán, César Llana Rodríguez, José Ramón Estévez, María del Carmen Vilar Álvarez, Víctor Corral Giráldez, Francisco Chao Gómez

Комментарии

Информация по комментариям в разработке