Alalá nº 96 "Pablo Seoane"- TVG

Описание к видео Alalá nº 96 "Pablo Seoane"- TVG

ALALÁ Nº 96 - “PABLO SEOANE”
DATA DE EMISIÓN TELEVISIÓN DE GALICIA: 27/01/2009

HOXE ALALÁ VAI DE VODA. PABLO SEOANE CONVIDOUNOS Á ACTUACIÓN MAIS IMPORTANTE DA SÚA VIDA

Pablo Seoane é un rapaz novo que desde pequeniño soñou e se namorou da música e con ela. Desde noviño a súa dedicación é absoluta e os resultados á vista están: dous discos no mercado, premios, Festivais e recoñecementos do seu traballo fóra de aquí. A súa vida é un continuo ir e vir porque ademais de tocar polo mundo adiante, da clase en 5 asociacións e ten o seu traballo nun obradoiro de instrumentros de percusión. ¿A que están pensando que esto non é posible? Pois sí, comprobarano hoxe. As ganas, ilusión e o amor pola gaita fan de Pablo Seoane un virtuoso e unha das figuras musicais cunha carreira meteórica.

Esta noite ademais de seguilo para ver como é capaz de estar en mil e un sitios, contaranos cal é a súa visión da música actual, as ideas que con tanta claridade nos expón: entre elas a de “dignificar a figura do gaiteiro”.

Entre ensaios, premios, Festivais, actuacións, traballo, recollidas, investigación e familia, tivémola sorte de asistir ó mellor e mais grande concerto da súa vida. ¡Estivemos na súa voda!. Pablo casou coa súa adorada María e, por suposto, fixoo vestido de tradicional. O gaiteiro deu o “si quero” do único xeito que podía facelo: de gaiteiro.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке