Maridos e sodomitas, os casamentos de home na Galiza medieval | Documental

Описание к видео Maridos e sodomitas, os casamentos de home na Galiza medieval | Documental

A historia do Reino da Galiza medieval garda aínda grandes fitos históricos que pescudar e mitos que desbotar. Nese camiño, e por vez primeira, este filme documental aborda a historia da homosexualidade entre homes no Reino da Galiza medieval e desvela que isto da tradición... non é tal como nos contaron. Para falarmos disto, contamos coa documentación e presentación do investigador Carlos Callón, autor de 'Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media'.

🚙 UNHA VIAXE QUE DESCOBRE FITOS HISTÓRICOS NO PAÍS 🎥
O documento máis antigo da península ibérica que recolle un casamento entre homes atópase en Galiza, recollido no Tombo de Celanova, con data do 16 de abril de 1061. Trátase da unión de Pedro e Munio que tivo lugar na parroquia de Santa María de Ordes de Rairiz de Veiga.

A viaxe continúa. No Centro Arqueolóxico de Neixón podemos ver unha pedra moi singular atopada nunha finca desde municipio de Boiro, no lugar da Igrexa, en Taragoña, unha lápida da época romana, cunha inscrición que honra a dous amantes homes, Urso e Rufino.

Tamén no século XV atopamos representadas as relacións homosexuais, neste caso en dúas figuras entrelazadas no sepulcro do bispo Xoán Fernández de Soutomaior II situado na catedral de Tui. Cobra especial importancia o feito de que estamos a falar dunha persoa con alto poder na institución eclesiástica e na contorna do país.

🗣 EXPERTAS E EXPERTOS PARTICIPAN NESTE FILME DOCUMENTAL
Nesta viaxe, Carlos Callón atópase rodeado de expertas e expertos en cadansúa materia como por exemplo é o arqueólogo Xurxo Ayán; ao historiador do Reino de Galiza, Francisco Rodríguez; ao historiador medievalista Xosé Miguel Andrade, editor do Tombo de Celanova; e a Marta Cendón, historiadora da arte e estudosa da representación de esculturas funerarias.

🔊 MÚSICA ORIXINAL POLO PROJECTO MOURENTE
O filme documental conta coa música orixinal do Projecto Mourente, a cargo de Carlos Valcárcel que reinterpreta unha das cantigas medievais que narran o amor entre homes.

🎬 TRAS DAS CÁMARAS
Este filme documental foi elaborado por Nós Televisión e producido pola Deputación da Coruña grazas á idea orixinal de Carlos Callón.
▫ Produción executiva - Rosabel Candal e Diego Frey
▫ Guión - Carlos Callón e Ana Viqueira
▫ Produción - Ana Viqueira
▫ Dirección - Roi Barros e Martín Rodríguez
▫ Realización e montaxe - Martín Rodríguez
▫ Fotografía - Pio Cribeiro, Roi Barros, Martín Rodríguez
▫ Son e dron - Pio Cribeiro
Música orixinal - Projecot Mourente - E vou!. 1, E vou!.2
Animación e creatividades - Roi Barros

#ReinodeGaliza #Homosexualidade #HistoriadeGaliza #HistoriadeGalicia #NósTelevisión #MaridoseSodomitas #Documentario #Documental

Комментарии

Информация по комментариям в разработке