Asnot 2024 aftermovie | 24 xullo 2024 | Padrón

Описание к видео Asnot 2024 aftermovie | 24 xullo 2024 | Padrón

ASNOT 2024 | 🚇 Próxima Parada Asnot
24 xullo · Padrón (A Coruña)
#PróximaParadaAsnot #Asnot2024

O mércores 24 de xullo de 2024 o casco vello de Padrón converteuse nun escenario teatral cheo de sombreiros, sorrisos e moito glamur sorprendendo a todas as que se achegaron a ver o primeiro metro de Galicia: #PróximaParadaAsnot!

Asnot, o festival máis orixinal de Galicia, nacía fai 10 anos paralelamente ao tradicional derbi asnal que organizaba o Concello de Padrón cada 24 de xullo recreando dunha forma divertida, gamberra, respectuosa, elegante e moi visual o ambiente das carreiras de cabalos inglesas.

E así quedou instarurado en Padrón un festival diferenciador, participativo, gratuíto e familiar no que o todo o mundo está convidado a acudir caracterizado cos seus sombreiros de copa ou as súas pamelas glamurosas e excéntricas, convértendose así no verdadeiro protagonista do evento.


👉 Organiza: Asnot Asociación Cultural

💂‍♀️ Patrocinador principal: Estrella Galicia
💂‍♀️ Subvencionado por: Deputación da Coruña e Concello de Padrón
💂‍♀️ Patrocinador institucional: Artesanía de Galicia. Xunta de Galicia
💂‍♀️ Outros patrocinadores: Deleite e Gadis.
💂‍♀️ Colaboran: Fundación Paideia Galiza, Museo do Pobo Galego, Casa Rosalía, Orballo, Pasqual Arnella, Arenaria, Moradaura e Os Penoucos.

📹 La Diapo Fotografía

GRAZAS

As que participan
As que constrúen os decorados
As que prestan as vallas do Brincasnot
As que apostan por Asnot
As que nos falan de Bombón e Pascual
As que comparten o seu balcón
As que cada ano crean espectaculares tocados e sombreiros
As q brindan na praza
As que bailan
As que traballan
As que decoran burros de madeira
As que capturan os momentos
As que poñen o uniforme (en verán!)
As que falan e fan artesanía
As que poñen flores e loureiro
As proclamadas ladys e lords Hatland
As que se senten orgullosas
A todas.

E moi especialmente a Félix, Antonio, Diego e Begoña, Nita e Xurxo, Josito, Ana e Enrique, Tomás, Juan e María, Belén e José.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке