Alalá nº 138 "A Harmónica no interior de Galicia" - TVG

Описание к видео Alalá nº 138 "A Harmónica no interior de Galicia" - TVG

Alalá nº 138 "A Harmónica no interior de Galicia" - TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 2 de marzo do 2010
LUGARES DE GRAVACIÓN: FONSAGRADA, NAVIA E TARAMUNDI
http://alala.crtvg.es

¿Cómo se facía un baile nas aldeas da montaña entre Lugo e Asturias cando nevaba durante semanas e non podían chegar os gaiteiros? Pois un dos instrumentos máis empregados para anima-la festa era a filharmónica, como en Galicia se coñece popularmente a harmónica. Os tocadores que protagonizan o Alalá de hoxe teñen en común varias cousas: aman a montaña na que viviron sémpre: os cumes da Fonsagrada, Navia de Suarna e Taramundi; alí traballaron desde ben pequenos e viron cómo as aldeas ían quedando sen xente; e cando sacan do peto a filharmónica aínda se lles iluminan os ollos como cando eran nenos e quedaron prendados do brillo deste instrumento que vían nas feiras ou que traían os emigrantes.

A pesar de que tocan moi ben, nin Hilario Lombardía, nin Isidro “o ferreiro” nin Manuel “Savane de Ventosa” consideran que iso sexa nada destacable. Porque a filharmónica sémpre foi un instrumento ó que non se lle deu demasiado valor. E nin sequera estes homes, que chegaron a ter unha boa técnica e un repertorio amplo e variado, pensan que iso teña importancia máis alá do ámbito familiar. Pero xa veredes cánto paga a pena escoitalos.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке