DE VACAS - REXURDIMENTE

Описание к видео DE VACAS - REXURDIMENTE

Rexurdimente das vacas e revolta feminista, con Rosalía á cabeza. Levamos un tempo traballando nesta homenaxe, con este traxe garaxe personaxe. Agardamos que desfrutedes da escoita igual que nós facéndoa... non tanto polo que vale, senón polo que significa. Avoas, nais, irmás, amigas, e a colaboración dunha tremenda personalidade xitana, forte e libre, como a de Lorena. Grazas infinitas!
Grazas á Unitaria, escola que nos viu nacer e sempre nos apoia, a Coro González polo seu tempo e dedicación, a Xoán Sánchez pola arte no palmeo.
As Rosalías inspiran. Avante!

LETRA (Rosalía de Castro):

Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.
Desque te quixen, ingrato,
todo acabóu para min,
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.
¿De qué, pois, te queixas, Mauro?
¿De qué, pois, te queixas, di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felís?
Duro cravo me encravaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei qué quer de min,
pois dinche canto dar puden
avariciosa de ti.
O meu corasón che mando
cunha chave para o abrir.
Nin eu teño mais que darche,
nin ti máis que me pedir.

WEB devacas.gal
INSTAGRAM @devacas
TWITTER @devacasDV
FACEBOOK www.facebook.com/De-VACAS-1635554793332069

Contratación: María Mariño // [email protected]

Комментарии

Информация по комментариям в разработке