Susana Seivane interpreta a Jota Chaconeada de Sanabria, coa primeira gaita sanabresa do Obradoiro

Описание к видео Susana Seivane interpreta a Jota Chaconeada de Sanabria, coa primeira gaita sanabresa do Obradoiro

Foron moitos os gaiteiros impulsores deste proxecto, zamoranos e galegos, que querían unha gaita sanabresa feita por Seivane. Dende aquí vos agradecemos os vósos ánimos e a vósa espera e desexamos que a desfrutedes moito, pois para e por vós a fixemos. A investigación empezou en 2018 pero non foi lineal, a miúdo viuse interrumpida polo traballo diario no obradoiro e por outros proxectos, como a Gaita Multibordón e a Gaita de Cana EVO, que se entremezclaron e camiñaban simultáneamente pero non avanzaban paralelos, porque ás veces cando un se paralilazaba, avanzaba o outro e viceversa. A investigación leva ás veces por retortos camiños ata desenmarañar o fío do destiño que se anda buscando. Así que fomos traballando ós poucos, e máis paseniñamente do que nos houbera gustado, sempre coa idea enriba de mesa. Aquí vos presentamos a nosa gaita sanabresa, como todas as gaitas que construímos, non facemos réplicas, é a nosa versión do instrumento. Respetando a esencia da gaita de Sanabria, dámoslle o noso toque, o que se traduce morfolóxicamente en que é algo máis esbelta e acústicamente incorporámoslle melloras para nós importantes, como que subirá á 2ª oitava. Poderíamos dicir moitas máis cousas pero cremos que o vídeo de Susana Seivane, interpretando a “Jota Chaconeada (ou Chacona)” de Sanabria, fala por sí só. Esperamos que vos guste, foi moito traballo e seguiremos traballando nela, un longo camiño ata chegar aquí.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке