ORTIGA. Nanana

Описание к видео ORTIGA. Nanana

NANANA

Todo eso a min non me interesa
O único que quero é que ti me queiras
E petar petar as discotecas
Andar por aí de can cantando os meus problemas

Nanana e quen me dera
Ter menos cancións e máis das túas queixas
Ao non ser así o que me queda
É apagar o móvil e a carretera

Eu mentras vou fumando e vou quedando medio parvo, xa o ves ti
Que fago outro pa ir levando esta vida que me toca a min vivir
E pérdome no mundo pa olvidarme que non durmo canda ti

Nanana eu cando morra
Quero que me enterren cos brazos fóra
Pa non parar de tocar a guitar
Seguir co de sempre, co de toda a vida

Pensar en ti, facer uns temas
E que me den cartiños polas miñas penas
Aínda así ti nin te enteras
E tesme aquí jodido en Compostela

Eu mentras vou fumando e vou quedando super parvo, xa o ves ti
Que fago outro pa ir levando esta vida que queda por vivir
E pérdome no mundo pa olvidarme que non durmo canda ti

Agora ando medio loco por non verte nunca máis
Agora ando medio loco pa non ter en que pensar
Agora ando medio loco pola falta que me fai
Agora ando medio loco por non terte nunca máis

Medio loco, medio loco
Agora ando medio loco pola conta que me trae
Medio loco, medio loco
Agora ando medio loco pa non ter ne que pensar
Medio loco, medio loco
Agora ando medio loco pola conta que me trae
Medio loco, medio loco
Agora ando medio loco por non terte nunca máis

Комментарии

Информация по комментариям в разработке