Alalá nº 197 "O Rabel en Porto de Sanabria" - TVG

Описание к видео Alalá nº 197 "O Rabel en Porto de Sanabria" - TVG

Alalá nº 197 "O Rabel en Porto de Sanabria" - TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 31/03/12
http://alala.crtvg.es

Porto é un concello que, administrativamente, pertence á comarca zamorana de Sanabria, con capitalidade en Puebla de Sanabria, polo que, moitas veces para identificalo mellor, dise "Porto de Sanabria" pero a súa realidade cultural é un tanto particular pois participa tal vez máis da cultura galega, ó estar situada perto da fronteira coa nosa comunidade e ter máis vínculos históricos e sociais cos pobos veciños da provincia de Ourense que cos da
propia provincia de Zamora. O máis ilustrativo é a lingua que se fala alí, chamada portuexo, unha variedade do galego cun certo sustrato portugués. Ésto quere dicir que os galegos que se achegan alí teñen unha sensación de estar aínda en Galicia pois comprenden en son comprendidos igual que en calquera outro lugar do outro lado da raia.

O rabel é un instrumento cordófono que xa se coñecía en época medieval. Existe abundante iconografía repartida por todo o mundo pois tócase ou tocábase en Europa, Asia e África. En España atópase, ademáis de en Zamora, en Asturias, Cantabria, León, Palencia, Burgos, Guadalajara, Ávila, Cáceres e Toledo.

O rabel de Porto consiste nunha única peza de madeira de chopo ou bidueira na que se excava a caixa de resoancia e se talla o mastil. A caixa cúbrese con pelexo de ovella, con tres furados para que respire o interior, clavado nos bordes.

Actualmente os fabrica Amador Bruña, que ten o bar Ravel no medio do pobo, pero antes os facían os propios tocadores, senón todos os máis hábiles, con materiais propios do lugar: pelexo de ovella, crin de cola de besta, madeira de chopo ou bidueira algo de coiro de restos de calzados vellos, puntas, etc.

O repertorio era variado. As veces tocábase algo para bailar como unha jota pero o habitual era interpretar cántigas que cantaba o propio tocador.
(texto de Juanjo Fernández)

Комментарии

Информация по комментариям в разработке