Alalá nº 51 Musicas completas de "Os Rosales" - TVG

Описание к видео Alalá nº 51 Musicas completas de "Os Rosales" - TVG

MUSICAS COMPLETAS DE "OS ROSALES"- ALALÁ 51

No lugar de Montegrande, na parroquia de Asados, Rianxo, está o reino dos Rosales, onde o rei é este home, José. Un gaiteiro que goberna con moito cariño, un pouco de disciplina e moita devoción pola música...e pola raíña, Maruja. El fundou o grupo, ela adubiouno: durante máis de corenta anos, marcou o ritmo coa percusión, deulle un estilo especial cando comezou a cantar e converteuse na presentadora oficial dos Rosales.

Un día Maruja sustituíu ó irmán de José, e logo xa non houbo quen a sustituíse a ela. O mundo da gaita era de homes pero chegou un momento en que todos querían contratar a aquel grupo no que tocaba unha muller. Pero non era fácil, porque ¿como amañaba Maruja o da famosa conciliación familiar"? Pois levando ós nenos con ela, pero para tocar. Así, todos xuntos, formaron un grupo moi compenetrado e cun repertorio amplísimo. Os Rosales.

Pero como a José todo lle parecía pouco, compoñía novas pezas que os Rosais interpretaban coma ninguén. (De feito temas del como a Camposa, son un clásico da nosa música) Por iso aínda agora, este gaiteiro que toca colocando á gaita ó revés, segue compoñendo. Porque José Romero, gaiteiro de corazón, de vocación e de profesión, segue loitando porque a gaita chegue o ata o máis alto, "ata o infinito e máis alá..."


Texto do guión do Alalá 51, escrito por Teresa Abuín e Pilar G. Rego.
Ver Alalá 51:
http://85.91.64.21/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=21:46:25&fecha=15/05/2007&arquivo=1&programa=ALAL%C1&id_programa=7&corte=0&mp4=0&medio=

Комментарии

Информация по комментариям в разработке