Tanxugueiras Terra Broncano denuncia "Tongo Incríble" e "Engano Absoluto" do xurado no Benidorm Fest

Описание к видео Tanxugueiras Terra Broncano denuncia "Tongo Incríble" e "Engano Absoluto" do xurado no Benidorm Fest

Tanxugueiras Terra Broncano denuncia "Tongo Incríble" e "Engano absoluto" do xurado no Benidorm Fest
Tanxugueiras Terra Broncano denuncia "Tongo Incríble" e "Engano absoluto" do xurado no Benidorm Fest

As Tanxugueiras no programa de La Resistencia, con David Broncano

Aida, Sabela e Olaia foron convidadas vía videoconferencia no programa deste luns onde estivo en directo Inés Hernand, unha das presentadoras do festival. Durante o programa, o presentador asegurou que se produciu un "tongo incríble, tanto artístico como democrático" e o público aplaudiu cando indicou que Televisión Española lle roubou. Broncano, ademais, interesouse por saber quen eran os membros do xurado que deran a vitoria a Chanel. 

"Quen eran os expertos? Sei que che estou pondo nun compromiso porque non podes 'rajar' pero non tiña ningún sentido, había cancións guapísimas, como a das mozas galegas... até mandei un sms eu. Pero foi un voto sesgado por uns expertos que atoparon nun polígono en Fuenlabrada", reprochou Broncano á súa compañeira Inés Hernand. A colaboradora da Resistencia, que tamén traballa en distintos formatos da cadea pública e que mesmo estivo involucrada no festival, tentou defender a dinámica do Benidorm Fest indicando que todos saíron gañando.

Amáis Hernand asegurou que durante o Benidorm Fest houbera moito "salseo" e convidou ás Tanxugueiras a comentar algún das murmuracións que non transcenderon. "Nós non pero hai xente que si, non imos dicir máis", asegurou Olaia Maneiro, ao que Aida Tarrío engadiu: "Se queredes saber salseo, tedes que levarnos alí en persoa a La Resistencia", engadiu.

No caso da candidatura de Chanel temos incumprimento da normativa do certame en varios puntos chave:

1. O autor da canción dun solista debe ser único, ser español ou ben ter residencia. No seu caso hai ata 5 coautores dos cales varios non cumplen esta norma. Incumprimento.

2. O autor da canción non pode participar con outra canción na mesma edición do Festival, un dos coautores de SlowMo tamén é o autor de "Make you say". Incumprimiento.

3. A canción Slowmo ten un 38% de palabras no dialecto castelán, o mínimo requerido é do 40% en calquera lingua española. Incumplimiento.

Está claro que hai un participante que pode pasarse polo forro dos collóns toda a normativa do certamen, incluídi o conflito de intereses dos xuíces do xurado, tres deles con relación directa coa cantante ou cos membros do seu equipo...pero tranquilos ehh, é hora de apoiar a Chanel!

Isto fede a podre.
Fede a: #ElTongoquetuquieres

Merca o noso libro sobre ás Ervas de San Xoán:

https://paulalago.com/tenda/

Комментарии

Информация по комментариям в разработке