CAAMAÑO&AMEIXEIRAS: Aire! Música no Claustro 22

Описание к видео CAAMAÑO&AMEIXEIRAS: Aire! Música no Claustro 22

Gravación audiovisual financiada cos fondos Next Generation da Unión Europea a través do INAEM-Ministerio de Cultura e Deporte, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, do concerto celebrado no claustro medieval da Catedral de Tui o 2 de agosto de 2022 dentro do ciclo AIEnRUTa-Artistas coa colaboración do Concello de Tui, a través de su Concellaría de Cultura e Ensino, e da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

00:00 Caamaño Ameixeiras
02:06 Florencio
05:39 Le Bal de la Marine
10:27 Mercedes y Dolores
15:23 Se souberas
20:40 Alegría Dio'la dea
23:34 Rondeau Francogalaico
29:48 Maneo de Cambre
36:52 Buchimitsa
42:23 Vals de pasmar
46:53 A pequena morte
53:10 Maribel
58:19 Aire
01:04:03 Transatlántico

Video: Gus Abreu
Son: Suso Ramallo

Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Aire! é o seu primeiro traballo discográfico que toma como punto de partida a tradición galega para explorar as músicas populares doutras culturas. Un dúo que reivindica o papel da muller como artista e como creadora, desenvolvendo o seu propio imaxinario musical e comprendendo a tradición como algo vivo. A esencia do popular é levada a linguaxes e recursos contemporáneos, a través de composicións persoais e íntimas que manteñen a urda de onte e incorporan a forma de hoxe.

Caamaño&Ameixeiras chegan a Música no Claustro co apoio de AIE Sociedade de Artistas, Intérpretes e Executantes, no medio dunha intensa xira de verán que as leva a percorrer a Península Ibérica de norte a sur, de oeste a leste, así como na Bretaña francesa e en Italia.

Sabela Caamaño (Oza dos Ríos, 1990) é titulada superior en Acordeón, Pedagoxía da Linguaxe Musical e Piano, e actualmente traballa como profesora no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Como pianista destaca a súa gravación da banda sonora do filme Elisa e Marcela de Isabel Coixet e como acordeonista centra a súa actividade no dúo Caamaño&Ameixeiras, punto de encontro da súa formación académica co mundo da música tradicional e popular galega co que está unida dende a súa infancia.

Nese universo da cultura de raíz, Antía Ameixeiras (Baio – Costa da Morte, 1993) asiste a aulas de baile e pandeireta dende os 5 anos. Despois de estudar violín no Conservatorio de Carballo, continuou a súa formación en música tradicional en aCentral Folque, así como en diversas escolas de jazz e músicas improvisadas en Bulgaria, Francia e no Taller de Músics en Barcelona. En 2015 recibiu a Beca Excelencia Artística Afundación e ten tocado con Carlos Nuñez, Os Cempés, Kepa Junkera, Luar na Lubre, Gustavo Santaolalla, Jordi Savall e Hespèrion XII, Dan Ar Braz, Ceumar ou Uxía Senlle.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке