DULZARO: Lorca, sinfonía del amor oscuro. Música no Claustro 22

Описание к видео DULZARO: Lorca, sinfonía del amor oscuro. Música no Claustro 22

Gravación audiovisual financiada cos fondos Next Generation da Unión Europea a través do INAEM-Ministerio de Cultura e Deporte, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, do concerto celebrado no claustro medieval da Catedral de Tui o 7 de agosto de 2022 coa colaboración do Concello de Tui, a través da súa Concellaría de Cultura e Ensino, e da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

00:00 Dulzaro
01:18 No te pude ver
06:20 Si tu vienes a la romería
09:50 Mi niña se fue a la mar
13:50 Sangre prisionera
16:43 Córdoba
20:37 La tarara
25:40 Antigua jota segoviana
30:40 La fragua
35:18 Nana de Sevilla
41:04 Con la luna madre
44:59 El zorongo
49:14 Cuatro flores
54:02 Los cuatro muleros
58:56 La penitente

Video: Gus Abreu
Son: Suso Ramallo

Unir a tradición e a vangarda é o obxectivo de Dulzaro, un proxecto musical que habita a figura de Federico García Lorca e o seu imaxinario na mestura da súa poesía con loops e sintetizadores electrónicos. Lorca, sinfonía del amor oscuro convídanos a revisitar a obra do poeta granadino en xustaposición con sons contemporáneos, nos que se senten as influencias do flamenco ou o fado, creando novas experiencias e emocións.

Dulzaro nace na ribeira do Pisuerga, ao seu paso por Valladolid, onde Alberto Domínguez nutre a súa voz co humus do folklore castelá en diálogo coas linguaxes musicais e escénicas actuais. De Valladolid trasladouse a Londres, onde se formou en arte dramático na Mountview Academy of Theatre Arts.

Un espectáculo no que se funde a tebra co trazo da inocencia, a melodía encantada coa canción de tacto popular, onde a poesía e os sons electrónicos atopan a un cuarteto de corda que sostén esta voz pura pero esgazadora, formado por Vania Collazo e Pablo Puga (violíns), Lia Vilas (viola) e Elisa Ingelmo (violonchelo). Unha nova paisaxe sonora que bebe da música cinematográfica e da zarzuela, e que parte do telúrico imaxinario lorquiano proxectado nas percusións do tamén valisoletano Héctor Varela, formado no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Dulzaro pecha a 16ª edición de Música no Claustro e convídanos unha vez máis a ollar o epistolario lorquiano dende os xardíns da Catedral de Tui coa vista perdida no horizonte, horizonte perfilado polas dúas beiras miñotas. E abrimos as súas páxinas no verán de 1922... "ahora se debe decir: el Guadalquivir o el Miño nacen en Fuente Miña y desembocan en Federico García Lorca, modesto soñador e hijo del agua”.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке