Luísa Villalta: a rebelión da palabra | Capítulo 4. Silencio

Описание к видео Luísa Villalta: a rebelión da palabra | Capítulo 4. Silencio

O cuarto episodio de 'Luísa Villalta: a rebelión da palabra' afonda na produción como dramaturga, narradora e articulista da escritora á que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas 2024.

A serie documental web da RAG é unha proposta dirixida por Damián Varela Pastrana con guión de Alba López Álvarez. A narración incorpora artistas do ámbito da poesía, a música e as artes escénicas para achegar o público á esencia da autora.

O relato conta cos testemuños de María Gómez e Susana Villalta, nai e irmá da homenaxeada; Rubén Anido e Manuel Pérez, alumnos de Luísa Villalta no IES Isaac Díaz Pardo de Sada; autoras e autores que a coñeceron de preto e outras amizades e persoas que estudaron ou editaron parte da súa obra: Pilar Pallarés, Marga do Val, Ana Pillado, Xurxo Souto, Xosé Luís Martínez Pereiro, Estíbaliz Espinosa, Xosé María Álvarez Cáccamo, Eva Veiga, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ana Romaní, Maribel Longueira, Francisco X. Fernández Naval, Armando Requeixo, Alexandrina Fernández Otero, Inma Otero, Pilar García Negro, Margarita Ledo, María Xosé Bravo, Susana Sanches Arins, Lorena Conde e Inés Salvado.

'Luísa Villalta, a rebelión da palabra' é unha produción da Real Academia Galega realizada por Miramemira co apoio económico da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке