A BANDA DA LOBA ft Tomé Mouriño - Cruel filosofía (Luísa Villalta)

Описание к видео A BANDA DA LOBA ft Tomé Mouriño - Cruel filosofía (Luísa Villalta)

Letra: Luísa Villalta
Música: A banda da Loba
Gravación e masterización: Arturo Vaquero (Abrigueiro Estudios)
Vídeo: Seispés Producións Creativas
Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Con esta combinación de tres poemas sacados de "As palabras ingrávidas" continuamos coa nosa homenaxe a Luísa Villalta, autora á que se lle dedican as Letras Galegas deste 2024.

“As palabras ingrávidas” é un poemario en construción que a autora estaba a escribir nun almanaque poético producido pola casa portuguesa Assírio&Alvim para o ano 2004. Nel atopamos a orixinal resposta de Luísa Villalta ao poema que se presentaba no calendario para cada día. Son composicións breves e concisas, pero cunha forte carga emocional. A quietude nas agullas do reloxo, a necesidade humana de florecer cando só nos quedan espiñas... e a liberdade ao bailar!

CRUEL FILOSOFÍA

Danzas no tempo
que aínda é mar.
Danzas no tempo
que aínda é mar
e non chega.
Danzas no tempo
que aínda é mar.
Danzas no tempo,
eu xa dancei tamén
eu xa dancei tamén
eu xa dancei tamén
supondo que regresaba
con cada golpe de luz
con cada golpe de luuuuuuuuuz

Cruel filosofía:
florecer nas espiñas
Cruel filosofía: florecer
Cruel filosofía:
florecer nas espiñas,
flor, florecer!

Todos os feixes están
Todos os feixes están
sempre por atar
Todos os feixes están
Todos os feixes están
sempre por atar
e o baile non ata
e o baile non ata
e o baile non ata

Cruel filosofía:
florecer nas
espiñas

Se é posíbel que as
órbitas
de dous astros remotos
se crucen
Por que desconfiar
da felicidade?

Комментарии

Информация по комментариям в разработке