Alto das Tres Pedras - Olveiroa (Dumbría) - 6 xullo 2024 - Roteiros Galegos

Описание к видео Alto das Tres Pedras - Olveiroa (Dumbría) - 6 xullo 2024 - Roteiros Galegos

@Roteirosgalegos
Imos ao concello de Dumbría, máis concretamente a Olveiroa, unha fermosa aldea con mostras de casas ben restauradas e elementos patrimoniais moi interesantes como os hórreos, a igrexa de Santiago e as lacenas das abellas, que son numerosas e variadas.
A ruta é circular e lévanos ao Alto das Tres Pedras, un punto estratéxico pola súa altura e situación para poder observar unhas marabillosas panorámicas dende o mesmo.
O Pindo, Fisterra, Mazaricos, Chan da Lagoa... son moitos os sitios que podemos ver dende alí. O camiño en xeral é moi cómodo e pasa por zonas agrícolas, onde as plantacións de millo teñen o protagonismo, montes con piñeirais, matogueiras e pasteiros. Tamén cruzaremos algún regato e veremos a capela de Santa Lucía e a súa fonte milagreira. Un percorrido moi agradable e bonito que transcorre por camiños anchos e, en xeral, bastante cómodos.
Lonxitude: 13 km
Desnivel: baixo-medio
Dificultade: baixa-media

Комментарии

Информация по комментариям в разработке