Mundo Celta nas tabernas - Ortigueira 2023

Описание к видео Mundo Celta nas tabernas - Ortigueira 2023

Un ano máis recalamos en Ortigueira, na edición XXXVII e 45 aniversario de seu Festival Internacional do Mundo Celta.

Gosto de compartir cada ano a miña particular retrospectiva do acontecido. O ano pasado non puiden, porque quedei rachado e afundido cando me enterei de que tiña ardido O Courel e o meu querido Vilar, souto-fogar de Xan e de todo quen á súa casa nos achegabamos, na noite que nós estabamos a celebrar a despedida do festival. Un recordo un ano despois para el e a súa Casa Franca arrasada. Lumes Nunca Máis !!!

Cada vez teño menos que dicir, quizais porque creo que o máis importante é o que facemos, que fala moito máis que as palabras. Só un par de cousiñas.

O meu agradecemento e admiración pola xornalista Ana Cuba polo artigo que escribiu, que pón enriba da mesa o estracto dunha conversa que mantivemos sobre o festival durante unha hora e cuarto, e que a min parecéume que ía ofrecerlle moitas dificultades, pola amplitude e profundidade na que entramos, para realmente reflectir todos os temas dos que falamos. Non hai unha soa palabra que non esté no seu contexto e non quedou nada que considere importante sen que se teña reflectido. Incluso temas que poidan resultar espiñentos, que non todo o mundo está disposto a transmitir. Admiración pola moita profesión desta muller e pola súa obxectividade impecable. Obrigado.

Teño que lembrar que botei de menos a Emilio Españadero co seu “Lume na Palleira” da Radio Galega. Polas razón que sexa non puidemos compartir eses ratiños tan bonitos de conversa de cada ano e a súa amena visión do Festival dende o Teatro. Espero que antes ou despois volte a Ortigueira e retomemos eses vellos e fermosos costumes.


No estrictamente musical e humano non teño nada que dicir do esceario ou non paga a pena que o faga. Como é normal houbo cousas que me gustaron moito e outras que non me interesaron. Igual que a todo o mundo, supoño.

Unha cousa si, vir a Ortigueira a dicir que xa ía sendo moita hora de que te chamen co marabilloso que é o que fas, cuestionar que a música galega teña nada que ver coas músicas atlánticas do norte, o que en si mesmo cuestiona a raíz do nome e da orixe deste festival, paréceme dun sobrado abraiante e un discurso asaltapalcos de quen trunfou só con ter a oportiunidade de poder dicilo alí. Xa o discurso de que o que realmente é a música galega é o rescoldo das músicas e culturas mouras e africanas debe ser o único que pode xustificar un produto musical que é máis herdanza de Antonio Molina que de Santalices e das nosas referencias vivas e mortas rescatadas a tempo. Cada un vende o seu produto, pero as afirmacións hai que argumentalas, porque se non son simple marketing para vender un as súas cebolas.

Nas músicas fóra de palco suceden cousas sempre moi interesantes en Ortigueira. Esta ano non ía ser menos e as tardes/noites/mencereres do Caracas tiveron a épica a que nos tén malacostumados. É un gran encontro humano, coa música sen distancias, música do pobo no nivel do pobo. Un éxito que esto se manteña en pé tantos anos despois.

Quédome cun par de frases que escoitei alí e parécenme importantes.

Estaba na porta do baño nun momento dado e sorprendentemente só había unha persoa diante. Cando entrou ésta chegou outra persoa e preguntoume:

- Só estás ti na cola para o baño ???
- Pois milagrosamente si
- Ondiá!! pois quédome, que eu nunca mexei na Caracas !!

E a outra foi unha persoa que chegou á terraza, nun momento de paz detrás da tormenta que nos agasalla sempre a xornda do domingo, e a unha persoa coa que estaba a falar achegouse unha coñecida.

- Olaaa!!! Qué taaaaal! Cómo estáaaaas ??? (retórica feliz, non?)
- Vaia… tal e tal e taaaal…
- Ei… a Ortigueira vénse chorado da casa!!

Marabillosa e irrenunciable a parte humana do festival. A música presupónse. As dúas cumpren sempre.

Como unha imaxe vale maís ca mil palabras ilustro estes comentarios cun vídeo que nos gravaron o domingo pola mañá despois da saída das bandas, cun maraballoso encontro que se deu entre as xentes do Baixo Miño, de Vigo, do barrio da Gaiteira da Coruña, do Morrazo, da Paradanta, de Buscás nas Terras de Ordes, das Pontes, de Ortigueira e algunhas máis

Pilláronnos facendo o que levamos a facer toda a vida, cantos de taberna. Por unha vez as modas cóllennos onde xa estabamos. Cando pasen aí seguiremos.

Vaia!!! Ao final aínda tiña algo que dicir…

Комментарии

Информация по комментариям в разработке