Alalá nº 147 "Noitarega" - TVG

Описание к видео Alalá nº 147 "Noitarega" - TVG

Alalá nº 147 "Noitarega" - TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 13/05/2010
http://alala.crtvg.es

Esta noite Alalá viaxa ata Vigo para coñecer ó grupo “Noitarega”.

Se hoxe temos a moita e boa música tradicional galega é, en boa parte, grazas a todos aqueles que a salvagardaron e dignificaron incluso cando corrían malos tempos. Na etapa do franquismo, por exemplo, cando o réxime utilizaba unha imaxe de folclorismo artificial da nosa música, había grupos que resistían e seguían facendo música de raíz. Na zona de Vigo, nesa época había grupos tremendamente popular coma os Morenos de Labadores, e gaiteiros como Ricardo Portela. Pois o grupo que imos coñecer esta noite está formado polos gerdeiros destes grandes músicos. Tanto, que un dos seus compoñentes é neto dun dos Morenos. Por iso intentan conservar a esencia da música tradicional, no repertoriom no xeito de interpretar, e mesmo na instrumentación. Pero iso si, sen renunciar a facer algúns arranxos e misturas novidosas que fan que a súa música soe diferente. Xa o veredes a súa música soa só a Noitarega... ¿E como é ese son Nopitarega? Esta noite no Alalá.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке