Alalá nº 216 "O Rei da Festa" - TVG

Описание к видео Alalá nº 216 "O Rei da Festa" - TVG

Alalá nº 216 "O Rei da Festa"
Emisión en Televisión de Galicia: 04/09/15
Canle Temática de Alalá: http://alala.crtvg.es

Todas as maneiras de facer festa coa música tradicional
na carballeira de San Lourenzo en Compostela.

Buscamos o rei da festa entre gaiteiros, pandereteiras, bailadores, acordeonistas e grandes voces.

Coa música de Ardentía, As Lagharteiras, O Fiadeiro, Raúl Galego,
Tanto nos Ten e Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre.

A tradición musical galega ten moitas formas distintas. Ao longo da historia os que animaron a festa foron as pandereteiras e os gaiteiros, logo os acordeonistas e máis tarde os grupos folk. Hoxe as diferentes formacións conviven demostrando a riqueza da nosa música e a súa capacidade para facer mover aos bailadores e facer ferver o terreiro.

Nesta ocasión, o campo da festa vai ser a carballeira de San Lourenzo, en Santiago de Compostela. Alí van demostrar o seu bo facer varios grupos que, representando a diversidade musical galega, tentarán acadar dos seus compañeiros o título de rei ou raíña da festa.

Cada un dos grupos participantes representa un tipo de formación diferente. As Lagharteiras son pandereteiras clásicas, recoñecidas polos seus compañeiros como magníficas intérpretes; Raúl Galego é un gaiteiro de raíz moi respectado; Xabier Díaz acompaña a fermosura da súa voz e do acordeón co son dos adufes, os antigos pandeiros cadrados; O Fiadeiro aporta a esta festa o bo facer dos seus bailadores; Ardentía leva 25 anos mesturando novos sons no eido do folk e Tanto nos Ten é un dos grupos de música tradicional máis reclamados nos últimos tempos pola súa capacidade para facer festa rachada.

Todos eles interpretarán distintas pezas e falarán dos cambios que viviu a música tradicional nos últimos anos, da maneira na que eles a entenden e dos seus proxectos, para rematar votando por aquel compañeiro que consideran o mellor músico para facer festa.

Neste Alalá Especial tocaremos todos os paus da tradición e descubriremos, despois de cen minutos de boa música, quen é o auténtico rei da festa.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке